EPA Pontevedra
                     EPAPU Río Lérez
 
Drop Down Menu Drop Down Menu

 

 Abalar mobil

 

 

   AbalarMóbil é unha aplicación que permite ao alumnado consultar a información do centro a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para o alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos ou centros de adultos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

As alumnas e alumnos que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais

  • Consultar as cualificacións

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia

  • Consultar as faltas de conduta

  • Solicitar unha cita de titoría

  • Consultar os datos do centro educativo

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

  • Modificar o idioma da aplicación

 

   Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Como obter a app:

  • Pode obter a app nos marketplaces da Xunta de Galicia en Google Play e en App Store:
 

 

 

Manual

 

Videotitorial:

 

Novas e Anuncios

Aula virtual do centro